Paus que medrades
de sementes cativas
e garabullos finos
buscando o sol
subindo sabia
e vida:
gracias polo lume efímero
que consume a vosa parsimonia
de meses e anos
traducidos en madeira retorcida
onde paxaros e vermes se pousaban
e que acaba en cinzas.