- Youtube   1 ano

O HIMNO GALEGO COA LETRA RESTAURADA

A pretensión de Vía Galega, con esta publicación, é popularizar e divulgar os nosos símbolos nacionais, coñecer a súa historia e significado.

Pór ao dispor de toda a sociedade e das distintas organizacións, asociacións, agrupacións e entidades de todo tipo a bandeira e o himno musicado coa letra restaurada.

O himno e a bandeira represéntannos e identifícannos como Nación. Son a expresión do ser colectivo e da nosa existencia como Pobo e do dereito a existir libremente. O desleixo e desprezo da Xunta de Galiza para con todo o que nos recoñece e nos fai galegos e galegas condúcenos a que teñamos que ser outros os que suplamos a súa misión e obriga de procurar a máxima propagación e coñecemento dos nosos símbolos nacionais.

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame