O galego de Estremadura fala por si mesmo
Henrique Sanfiz presentou a pasada semana 'Xálima', un documental sobre a lingua do val do río Ellas, a fala, que constitúe a pata audiovisual dun traballo xornalístico que tamén terá unha versión radiofónica e outra escrita, que será publicada este sábado en Sermos Galiza. O filme ofrece un novo xiro sobre esa variedade estremeña do galego dándolles a palabra aos habitantes da zona en vez de, como é habitual, disertar sobre eles.