Ramón Cabanillas. Em Pé, ¡EN PÉ! A Lois Porteiro ¡Irmáns! En pé, sereos, a limpa frente erguida, envoltos na brancura da luz que cai de riba, o corazón aberto a toda verba amiga, e nunha man a fouce e noutra man a oliva, arredor da bandeira azul e branca, arredor da bandeira da Galicia, ¡cantémo-lo dereito a libre, nova vida! Validos de treidores a noite da Frouseira a patria escravizaron uns reises de Castela. Comestas polo tempo, xa afloxan as cadeas ¡irmáns asoballados de xentes estranxeiras, ergámo-la bandeira azul e branca! ¡E ó pé da enseña da nazón galega cantémo-lo dereito a libertar a Terra! ¡Irmáns no amor á Suevia de lexendaria historia, ¡en pé! ¡en pé, dispostos a non morrer sin loita! ¡O día do Medulio con sangue quente e roxa mercámo-lo dereito a libre, honrada chouza! ¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca! A oliva nunha man, a fouce noutra, berremos alto e forte: "¡A nosa Terra é nosa!" Ramón Cabanillas. Da Terra asoballada (1926; 1917 primeira ediçom). Áudio e texto: Biblioteca Virtual Galega (BVG) Images: Blogueir@s galeg@s Cabanillas foi o autor dumha traduçom d'A Internacional para a língua galega.