Familias das galegas secuestradas por Israel: "Pasamos medo pero estamos moi orgullosas delas"
As sete activistas galegas secuestradas por Israel en augas internacionais por participar na Flotilla humanitaria a Gaza xa están camiño da Galiza, após ser deportadas ao longo desta quinta feira por Tel Aviv a Istambul canda o resto de 430 integrantes da iniciativa internacional de solidariedade coa Faixa.