A solidariedade galega con Palestina anega as rúas de Compostela para reclamar o fin do xenocidio
A manifestación nacional, convocada por Galiza por Palestina e Galiza pola Paz, partiu este domingo da Alameda baixo o lema 'Galiza con Palestina. Resistencia, liberdade e paz' para reclamar un alto o fogo real, o fin do bloqueo e a ruptura das relacións comerciais e militares con Israel.