UN HOME QUE SEMPRE FICABA DURMINDO V ...e fin


Pero o certo é que asi foi indo toda a sua vida pasando sin pena nin gloria coa sua conciencia ben agarradiña a unha almofada imaxinaria, preso de un sono de nacemento que lle deixaba encher tranquilamente o bandullo sen decatarse das cousas boas e non tan boas que pasaban o seu arredor.

A morte, por fin, sorprendeuno berrandolle os seus veciños “¡Botademe unha man que morro!”
Nin caso, velahi que todos pensaban que estaba durmindo e tiña un pesadelo.
Non lles botedes a culpa. Fixera méritos abondo.


Xosé 06-07-2001

  • Me gusta
  • Me encanta
  • Me divierte
  • Me asombra
  • Me entristece
  • Me enfada