Pasou o frío intenso e os bichos superviventes volven en sí. Abellas e bolboretas, como se non pasara nada, como se as xeadas intensas foran un leve suspiro, sobrevoan as flores e demáis vexetación con afán ou ociosidade.
Os terrestres quizáis pasen máis dificultades no que respecta a atopar alimento, protexe-las súas fermosas carcasas ou a delicadeza do seu corpiño. Resulta inquietante divagar sobre como atopan ós do seu igual e como perciben o mundo desde a súa sofisticación delicada.

  • Me gusta
  • Me encanta
  • Me divierte
  • Me asombra
  • Me entristece
  • Me enfada