Como describi-la realidade cando se trata de algo tan propio da propia subxectividade?
O habitual é darlle á política o protagonismo, para que poida aludir ós egrégores imperantes. Que os líderes de cada nación sexan dianas de sátira e desprezo é algo normalizado, como se xa non houbera capacidade de xenuinidade na comunicación honesta e a motivación virtuosa, como se o esperpento fose algo que a xente require para desafogarse en críticas mordaces. Quizáis sexa certo o que as cosmovisións orientais consideran: o mundo é un reflexo (quizáis algo distorsionado), do propio ser, das forzas internas en pugna, dos propios hábitos e asociacións psíquicas... A gran yihad